LA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA MAÑANA LAS INSTALACIONES DEL CENTRO DE INVESTIGACIONES AGRARIAS DE MABEGONDO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá o mércores 5 de febreiro, unha campaña de doazón nas instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e traballadoras, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante do aparcadoiro de pastos da CIAM 10:00 ás 14:00 horas.

A ADOS ten visitado as instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo nun total de 18 ocasións desde o ano 2007, acadando, no transcurso destas campañas, un total de 268 doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer á dirección do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.

Comparte vida, únete a nosotros.