A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA ESTA SEMANA AS INSTALACIÓNS DE ALCOA EN LUGO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá este mércores 5 de febreiro, unha campaña de doazón nas instalacións da empresa Alcoa de Lugo. Co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e traballadoras, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante da porta principal das 10:30 ás 14:00 horas.

A ADOS ten visitado a Alcoa nun total de 71 ocasións desde o ano 1994, acadando, no transcurso destas campañas, un total de 2.813 doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer á xerencia de Alcoa a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.

Comparte vida, únete a nós.