A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá o mércores 29 de xaneiro, unha campaña de doazón nas instalacións de Monbús en Lugo. Co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e traballadoras, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na campa das empresa das 09:30 ás 14:30 horas.
A ADOS ten visitado as instalacións de Monbús en Lugo nun total de cinco ocasións desde o ano 2019, acadando, no transcurso destas campañas, un total de 45 doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer á xerencia da Monbús súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.