A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá mañá, martes 28 de xaneiro, unha campaña de doazón nas instalacións da empresa Nova Frigsa de Lugo. Co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e traballadoras, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada fronte ás oficinas das 09:30 ás 14:30 horas.
A ADOS ten visitado a Nova Frigsa nun total de 36 ocasións desde o ano 1997, acadando, no transcurso destas campañas, un total de 499 doazóns de sangue. Neste sentido, desde a Axencia agradecer á xerencia de Nova Frigsa a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.