A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) quere amosar o seu sincero agradecemento ao Racing Club Vilalbés pola súa colaboración no labor de sensibilización a prol do solidario xesto da doazón de sangue e que tivo o seu reflexo na campaña de doazón conxunta desenvolvida o pasado 17 de xaneiro. Nesta campaña doaron sangue 52 persoas de Vilalba, unha cifra que refrenda o éxito da iniciativa e ratifica o carácter solidario da veciñanza.
ADOS quere agradecer a participación dos veciños e veciñas e, especialmente da directiva, xogadores, membros do corpo técnico e seareiros e seareiras do Racing Club Vilalbés nesta iniciativa que promove unha conciencia social favorable ao altruísta xesto da doazón de sangue desde o eido deportivo.