Alumnas e alumnos da Asociación MEIGA de estudantes de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela visitaron hoxe, martes 29 de outubro, as instalacións da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) en Santiago.
Os estudantes puideron coñecer as distintas unidades funcionais que integran a Axencia e achegarse ao proceso de obtención dos compoñentes sanguíneos. Agradecer a Asociación MEIGA o seu interese en formar aos futuros profesionais da Medicina no eido da hemodoazón e hemoterapia xa que, esta visita forma xa parte das actividades anuais programadas por este colectivo estudiantel desde hai anos.