A AXENCIA GALEGA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E DETRADI GALICIA COLABORAN PARA PROMOVER A DOAZÓN DE ÓRGANOS E TECIDOS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ven de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Deportistas Transplantados e en Diálese (DETRADI Galicia), coa que tentan favorecer e impulsar iniciativas conxuntas destinadas a concienciación social procleve á doazón.
 
ADOS salienta que a contribución das asociacións como DETRADI Galicia ten posibilitado un aumento da concienciación da cidadanía galega que se reflexa no incremento do 57% no número de doadores de órganos e do 32% nos transplantes durante os primeiros cinco meses de 2024 con respecto ao mesmo periodo do ano anterior. Na actualidade en Galicia existen máis de 125.000 persoas que dispoñen de tarxeta de doante de órganos.
 

Comparte vida, únete a nós.