Os traballadores de Celtic Estores mostraron, onte martes día 13, a súa solidariedade ao doar sangue na Unidade Móbil desprazada ata a empresa situada en Moraña (Pontevedra).
Durante a mañá de 9:15 a 15:00 h. e pola tarde de 15:30 a 16:45 h. contamos coa participación e xenerosidade dos profesionais da devandita empresa que se achegaron ata a nosa Unidade Móbil para doar.
Celtic Estores é unha compañía creada no 2000, pertencente ao Grupo Bandalux, dedicada á fabricación de cortinas e estores técnicos que leva colaborando con ADOS desde o 2003, e que permitiron, durante todos estes anos, que se alcancen máis de 700 doazóns.
ADOS quere agradecer a todos os seus traballadores que participaron na doazón por compartir o seu tempo connosco e doar vida. Así mesmo tamén queremos agradecer ao seu equipo de dirección pola súa colaboración e compromiso na organización deste tipo de campañas.