A Coordianción Autonómica de Transplantes de ADOS impartiu o pasado 7 de abril, varias charlas en diferentes centros educativos para conmemorar o Día Mundial da Saúde.
As charlas tiveron lugar no CPR San Martín de Ourense, no IES Enrique Muruais de Pontenova en Lugo e no IES do Castro en Vigo, onde os estudantes mostraron o seu interese polas materias que se impartiron sobre a doazón e os transplantes.
Este ano, a campaña posta en marcha pola Organización Mundial da Saúde (OMS) pon o foco nas nais e os recén nados, co obxectivo de apoiar unha mellor saúde posnatal e que os embarazos e partos sexan saudables.
Desde ADOS, unímonos a esta campaña que leva por título "Comenzos saudables, futuros esperanzadores".