A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE ACHÉGASE ATA O POLÍGONO DE COSTA VELLA E ÁREA CENTRAL

​Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará hoxe, luns 5 de outubro, no santiagués Polígono de Costa Vella. As persoas que desexen doar poderán acudir ata a unidade móbil estacionada, das 09:30 ás 14:30, na Rúa Castela León. Ademáis, das 15:30 ás 21.00 horas, a Axencia desprazará a unidade móbil ata Área Central, estando estacionada diante da cabina de información na escaleira de acceso a Alcampo.

A ADOS comezou a visitar o Polígono de Costa Vella no ano 2010, acadando, no transcurso destas visitas un total de 229 doazóns de sangue. Por outra banda, a Axencia iniciou no ano 1993, as campañas de doazón de sangue en Área Central, acadando, ata o momento, 15.980 doazóns de sangue.

Comparte vida, únete a nós.