Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará estacionada hoxe, das 10:00 ás 14:30 horas, dentro do recinto da empresa Marine Instruments de Nigrán, co obxectivo de favorecer a participación dos seus traballadores
e traballadoras.
A Axencia leva visitando esta empresa pontevedresa desde o ano 2009, recollendo, no transcurso dos seus desprazamentos, un total de 294 doazóns de sangue. A ADOS agradece á dirección de Marine Instruments a súa colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue e as facilidades amosadas para que os seus profesionais podan participar nesta iniciativa.