A CORUÑA CHAPTER DA ASOCIACIÓN DE USUARIOS DE HARLEY DAVIDSON CONVIDA A DOAR SANGUE NA “BLOOD RUN”

Baixo o lema “Combustible humano,...sangre solidaria”, estase a levar a cabo unha campaña de doazón de sangue en toda España organizada pola asociación de usuarios de Harley Davidson. A agrupación coruñesa, a Coruña Chapter, está a convidar a todos os asociados a doar sangue na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará este venres 12 de xuño no paseo marítimo de Santa Cristina, diante do Bitácora Club, das 16:30 ás 21:00 horas. Este acto enmarcase dentro da iniciativa “Blood Run” que ten como obxectivo fomentar a doazón de sangue e conmemorar o Día Mundial do Doante de Sangue que se celebra o vindeiro 14 de xuño.

Comparte vida, únete a nós.