Os
traballadores e traballadoras de Concentrix poderán doar sangue na
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue que estará
estacionada na entrada principal da empresa das 09:30 ás 14:30 horas
deste martes 9 de xuño.
A
ADOS visitou en 16 ocasións as instalacións de Concentrix,
acadando, desde o ano 2007, un total de 399 doazóns de sangue.