Unha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
desenvolverá hoxe unha campaña de doazón de sangue no Palacio de
Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. A
campaña desenvolvese en colaboración co Forum AUSAPE (Asociación
de Usuarios de SAP España) que convida a todos os asistentes ao
congreso a doar sangue. A unidade móbil estará estacionada diante
do Palacio de Congresos de Galicia das 09:30 ás 14:30 horas co
obxectivo de fomentar a participación de todos os asistentes. A
Axencia quere agradecer á organización do Forum AUSAPE a súa
colaboración nesta iniciativa solidaria.