OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE CZ VETERINARIA PARTICIPAN NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE DOAZÓNS DE SANGUE

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) achega hoxe, luns 1 de xuño, unha das súas unidades móbiles ata a empresa CZ Veterinaria de O Porriño co obxectivo de fomentar a participación dos seus traballadores e traballadoras. A unidade móbil estará estacionada diante da portería das 09:30 ás 14.30 horas .

A Axencia quere amosar o seu agradecemento á dirección de CZ Veterinaria a súa constante colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue que comezaron a desenvolverse nesta empresa no ano 1998 e que teñen acumulado un total de 798 doazóns de sangue.


Comparte vida, únete a nós.