OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE TGSS E MAPFRE PODERÁN DOAR SANGUE O VENRES 22 DE MAIO

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este venres 22 de maio, das 09:30 ás 14:30 horas, na entrada do edificio de Mapfre e da Tesorería General de la Seguridad Social (TGSS). A Axencia leva acudindo anualmente desde o ano 2003 ata este punto de referencia na cidade da Coruña para facilitar o acceso á doazón de todos os traballadores e traballadoras, aos que convida a seguir participando para superar a cifra das 595 doazóns acumuladas ata o momento.




Comparte vida, únete a nós.