A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PARTICIPA NA II FEIRA DE SAÚDE E SOCIEDADE DA UDC SAUDABLE

Un ano máis, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará presente na Feira de Saúde e Sociedade organizada pola UDC Saudable na cidade da Coruña. Ao longo da xornada do venres 15 de maio, profesionais da ADOS atenderán unha mesa informativa sobre doazón de sangue e medula ósea, na que as persoas que o desexen poderán solventar dúbidas sobre estes dous xeitos de doazón. Ademais, tamén será posible doar sangue na unidade móbil da Axencia que visitará a zona co Cantón-Obelisco ao longo da xornada do venres, das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

A Axencia quere agradecer a UDC Saudable o seu constante apoio ás iniciativas destinadas a fomentar o coñecemento sobre os distintos tipos de doazón no eido universitario e na cidade da Coruña. 


Comparte vida, únete a nós.