NORTHIUS FOMENTA O SOLIDARIO XESTO DA DOAZÓN

A empresa Northius acollerá o mércores 6 de maio unha campaña de doazón de sangue, a cuarta desde 2023, ano no que comezou a recibir as visitas das unidades móbiles de Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). A unidade móbil da Axencia estará estacionada na Rúa Fiscal José Gómez Naveira das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

ADOS quere agradecer á dirección de Northius a súa colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón, recoñecemento que fai extensivo a todos os seus traballadores e traballadoras que teñen realizado un total de 114 doazóns de sangue nas tres visitas precedentes nesta empresa.



Comparte vida, únete a nós.