Unha
unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)
realizará, o mércores 7 de maio, unha nova visita ata a empresa
Snop Estampación. Co obxectivo de promover a participación dos
traballadores e traballadoras, a unidade móbil da ADOS estacionará
dentro do recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 horas.
Esta
é a quinta campaña que acolle esta empresa desde o ano 2022,
acadando, no transcurso das visitas anteriores, un total de 168
doazóns de sangue. Desde a Axencia, convidar a todos os
traballadores e traballadoras a que acudan nesta nova oportunidade a
doar e quere agradecer á dirección de Snop Estampación a súa
colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue.