ENCE PARTICIPA NA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE PROMOVIDA POLA ADOS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver hoxe, martes 28 de abril, unha nova campaña de doazón nas instalacións da Empresa Nacional de Celulosas (ENCE), entidade comprometida coas iniciativas destinadas a promover a doazón.

Ao longo da presente xornada, os traballadores e traballadoras de ENCE terán unha nova oportunidade de doar sangue na unidade móbil que estará estacionada tras do comedor da fábrica das 09:30 ás 14:30 horas.

ADOS ten visitado as instalacións da Empresa Nacional de Celulosas desde o ano 2014, acadando un total de 514 doazóns no transcurso destas campañas.



Comparte vida, únete a nós.