A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ACHEGA A CAMPAÑA “NON PERDAS ESTE BUS. LÉVATE AO SON DO CAMIÑO” AO CAMPUS NORTE DE SANTIAGO

A campaña de doazón de sangue promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, achegarase este martes 28 de abril ata a Facultade de Medicina de Santiago, no campus Norte. Unha unidade móbil da Axencia estará estacionada diante da facultade das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas para atender a todos os estudantes que desexen colaborar. Ademais, na entrada da facultade de Medicina instalarase unha marquesiña de bus con paneis informativos sobre a doazón de sangue e animando a participar.



Comparte vida, únete a nós.