O CAMPUS VIDA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO ACOLLE A CAMPAÑA “NON PERDAS ESTE BUS. LÉVATE AO SON DO CAMIÑO”

O Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela recibirá unha nova visita das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue que, nesta ocasión, está desenvolvendo a campaña “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”. Ademais da instalación dunha marquesiña de bus nas inmediacións da Facultade de Física, achegarase ata este centro educativo unha unidade móbil. As persoas que desexen participar, poderán doar sangue das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21.00 horas.

Comparte vida, únete a nós.