A
Universidade da Coruña acolle este xoves 16 de abril
a campaña “Non perdas este bus. Lévate ao Son do
Camiño”
da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Un equipo
da ADOS estará nun local habilitado dentro do Laboratorio de
Fisioloxía
do
INEF
das 09:30 ás 14:30 horas.
Ademais,
instalarase na entrada do INEF unha marquesiña de bus
con información relacionada coa doazón de sangue.