Profesionais
da
Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue estarán hoxe, martes 14
de abril
no
Edificio de Ferro do campus de Ourense
atendendo
unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e
docentes poderán
achegarse para coñecer e resolver
dúbidas sobre a doazón de medula ósea para o que a Axencia é
centro de referencia para a tipaxe destes doantes.
Esta
iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS
desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros
educativos de toda Galicia.
Unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante do
Edificio de Ferro na Rúa Doutor Temes os días 14 e 16 de abril en
horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas para recoller
a solidariedade de todos os estudantes universitarios que desexen
doar sangue.
Ademais,
o campus norte da Universidad de Santiago de Compostela acollerá
tamén a marquesiña informativa sobre a doazón de sangue que forma
parte da campaña “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”
que estará ao carón da unidade móbil da Axencia que estacionará na entrada principal da Facultade de Económicas e
Empresariais. A unidade móbil atenderá, hoxe martes 14 de abril, a
todas as persoas que desexen doar das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás
21:00 horas.