Profesionais
da
Axencia de
Doazón de Órganos e Sangue estarán
o
mércores
8 de abril
na Facultade
de Comercio
da Universidade de Vigo
atendendo
unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e
docentes poderán achegarse para coñecer e resolver
dúbidas sobre a doazón de medula ósea para a que a Axencia é
centro de referencia para a tipaxe destes doantes.
Esta
iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS
desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros
educativos de toda Galicia.
Así
mesmo, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na Rúa
Torrecedeira diante da Facultade de Comercio os días 8 e 9 de abril
en horario das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas para
recoller a solidariedade de todos os estudantes universitarios que
desexen doar sangue.