O
campus da Zapateira acollerá este luns 16 de marzo a campaña “Non
perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño” da Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil estará estacionada
no aparcadoiro de bus da Facultade de Ciencias das 09:30 ás 14:30 e
das 15:30 ás 21:00 horas. Ao carón da unidade móbil, no transcurso
desta xornada, instalarase unha escenografía consistente nunha carpa
de DJ como xeito lúdico de dar a coñecer a campaña na que se
sortearán abonos para asistir ao Son do Camiño do vindeiro mes de
xuño.
Esta
mesma carpa desprazarase o martes 17 de marzo ata o ferrolán campus
de Esteiro onde tamén será posible doar sangue na unidade móbil
que estará na Praza da Fonte das 09:30 ás 14.30 e das 15:30 ás
21:00 horas