O CAMPUS DE PONTEVEDRA ACOLLE A CAMPAÑA “NON PERDAS ESTE BUS. LÉVATE AO SON DO CAMIÑO”

O campus de Pontevedra acolle o xoves 12 de marzo a campaña “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño” da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil estará estacionada diante da Escola de Forestais das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. Ao carón da unidade móbil instalarase unha escenografía consistente nunha carpa de DJ como xeito lúdico de dar a coñecer a campaña na que se sortearán abonos para asistir ao Son do Camiño do vindeiro mes de xuño.



Comparte vida, únete a nós.