O
campus de Vigo acollerá o martes 10 de marzo a campaña “Non
perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño” da Axencia de Doazón
de Órganos e Sangue (ADOS). Unha unidade móbil estará estacionada
no aparcadoiro de bus da Facultade de Económicas e Empresariais das
09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas. O mesmo horario de
atención terá a unidade móbil que estará o mércores 11 de marzo
diante da cafetería das Facultades de Bioloxía e Matemáticas do
campus Vida santiagués.
Ao
carón da unidade móbil, no transcurso destas dúas xornadas,
instalarase unha escenografía consistente nunha carpa de DJ como
xeito lúdico de dar a coñecer a campaña na que se sortearán
abonos para asistir ao Son do Camiño do vindeiro mes de xuño.