AS INSTALACIÓNS DE TELEFONICA-MONTIÑO RECIBEN UNHA NOVA VISITA DAS UNIDADES MÓBILES DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estarán este mércores 25 de febreiro nas inmediacións de Telefónica en Montiño para favorecer a participación dos traballadores e traballadoras nas campañas de doazón de sangue. A unidade móbil estará estacionada na Avenida da Concordia en horario das 09:30 ás 14:30 horas.

A ADOS ten visitado Telefónica-Montiño desde o ano 1994 e, no transcurso destas tres décadas, acadouse unha cifra de 489 doazóns de sangue. Neste sentido, a Axencia quere amosar o seu agradecemento, tanto á dirección de Telefónica-Montiño como aos seus traballadores e traballadoras, a súa colaboración e compromiso co solidario xesto da doazón de sangue.




Comparte vida, únete a nós.