A ADOS INSTALA UNHA MESA INFORMATIVA SOBRE DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA NO CIFP ÁNXEL CASAL DA CORUÑA

Profesionais da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán mañá, xoves 12 de febreiro, no CIFP Ánxel Casal da Coruña atendendo unha mesa informativa sobre a doazón de medula ósea. Estudantes e docentes podrán achegarse para coñecer e solventar dúbidas sobre a doazón de medula ósea, para o que a Axencia é centro de referencia para a tipaxe destes doantes.

Esta iniciativa forma parte dun amplo programa informativo que a ADOS desenvolve nesta segunda fase da campaña de doazón en centros educativos de toda Galicia.



Comparte vida, únete a nós.