A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolve, ao longo
das xornadas do luns 9 e o martes 10 de febreiro, unha campaña de
doazón que leva as súas unidades móbiles ata as instalacións da
Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela.
A
unidade móbil da ADOS estará estacionada no aparcadoiro da
Consellería de Sanidade no santiagués barrio de San Lázaro e
atenderá a todas as persoas que desexen doar das 09:30 ás 14:30
horas.
ADOS
leva visitando as instalacións da Consellería de Sanidade en
Santiago de Compostela desde o ano 1998, o que permitiu
conseguir preto de 2.100 doazóns nas campañas
realizadas nas instalacións do departamento de sanidade do
executivo galego.
Desde
a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, agradecemos a todos
os traballadores e traballadoras da Consellería de
Sanidade a súa colaboración e compromiso neste tipo de
iniciativas, e anima a todos eles a doar sangue durante os
próximos días dentro da presente campaña.