ALCAMPO CORUÑA ACOLLE UNHA NOVA CAMPAÑA DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

As instalacións de Alcampo Coruña acollen este mércores 4 de febreiro unha nova campaña de doazón promovida pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Ao longo da xornada poderán acudir a doas traballadores, traballadoras, usuarios e usuarias ata a unidade móbil de ADOS que estará estacionada no aparcadoiro exterior. O horario de atención aos doantes será das 09:30 ás 14:30 horas e das 15:30 ás 21:00 horas.


Desde o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles nesta empresa, as unidades móbiles da Axencia teñen visitado Alcampo Coruña desde o ano 1994, o que pon de manifesto a dilatada traxectoria de colaboración e compromiso que ten a empresa coas iniciativas encamiñadas a promover o solidario xesto da doazón de sangue. No transcurso destas tres décadas, téñense recollido nas campañas desenvolvidas en Alcampo Coruña un total de 2.572 doazóns de sangue.


ADOS quere mostrar o seu recoñecemento á xerencia de Alcampo Coruña pola súa colaboración e apoio na labor de recollida de doazóns de sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os profesionais desta empresa que participan nesta iniciativa solidaria.



Comparte vida, únete a nós.