A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ACHEGA A DOAZÓN DE SANGUE ATA A DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN VIGO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), dentro da campaña de recollida de doazóns de sangue en empresas e organismos públicos, visitará hoxe xoves 29 de xaneiro, a delegación da Xunta de Galicia en Vigo.

Todos os traballadores e traballadoras que desexen doar sangue poderán facelo na unidade móbil da Axencia que estará estacionada diante da porta principal das 09:30 ás 14:30 horas.


A ADOS ten visitado en 53 ocasións, desde o ano 2002, as instalacións do delegación da Xunta de Galicia na cidade de Vigo obtendo, no transcurso destas visitas, un total de 1.209 doazóns de sangue. Neste sentido, a Axencia quere agradecer a colaboración de todos os traballadores e traballadoras que teñen participado activamente nalgunha ocasión nas campañas de doazón de sangue.


Comparte vida, únete a nós.