As
instalacións de Alcampo Ferrol acollen este martes 27 de xaneiro
unha nova campaña de doazón promovida pola Axencia de Doazón de
Órganos e Sangue (ADOS). Ao longo da xornada poderán acudir a doar traballadores, traballadoras, usuarios e usuarias ata a unidade móbil
de ADOS que estará estacionada no aparcamento da entrada principal,
en horario das 09:30 ás 14:30 horas e das 15:30 ás 21:00 horas.
Desde
o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles
nesta empresa, as
unidades móbiles da Axencia teñen
visitado Alcampo
Ferrol desde o ano 1994,
o que pon de manifesto a dilatada traxectoria de colaboración e
compromiso que ten a empresa coas iniciativas encamiñadas a promover
o solidario xesto da doazón de sangue. No
transcurso destas máis de tres décadas, téñense recollido nas
campañas desenvolvidas en Alcampo Ferrol un total de 2.979 doazóns
de sangue.
ADOS
quere mostrar o seu recoñecemento á xerencia
de Alcampo Ferrol
pola súa colaboración e apoio na labor de recollida de doazóns de
sangue, agradecemento que fai extensivo a todos os profesionais desta
empresa que participan nesta iniciativa solidaria.