A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), dentro da campaña de
recollida de doazóns de sangue en empresas e organismos públicos,
visitará hoxe, luns 26 de xaneiro, o edificio administrativo da
Xunta de Galicia en Lugo.
Todos
os traballadores e traballadoras que desexen doar sangue poderán
facelo na unidade móbil da Axencia que estará estacionada na Ronda
da Muralla (Porta de San Fernando) das 09:30 ás 14:30 horas e das
15:30 ás 21:00 horas.
A ADOS
ten visitado en 60
ocasións, desde o ano 2004,
as instalacións do edificio administrativo da Xunta de Galicia na
cidade de Lugo
obtendo, no transcurso destas visitas, un total de 1.347
doazóns de sangue. Neste
sentido, a Axencia quere
agradecer a colaboración de todos os traballadores e
traballadoras que teñen participado activamente nalgunha ocasión
nas campañas de doazón de sangue.