A
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará ao longo da
presente xornada na Cidade da Xustiza de Vigo para incentivar a
participación nas campañas de doazón de sangue de todos os
profesionais que desexen colaborar.
As
persoas que queiran participar activamente, poderán acudir ata a
unidade móbil da ADOS que estará estacionada na Rúa Puerto Rico
das 09:30 ás 14:30 horas.
A
Axencia quere agradecer a todos os traballadores e traballadoras a
súa participación e convidarlles a que continúen a incrementar ás
968 doazóns que se teñen rexistrado ata a actualidade nesta campaña
que, anualmente, acolle a Cidade da Xustiza.