ADOS participará no acto conmemorativo do Día Mundial do Ril organizado por ADROVI, a Irmandade de Doantes de Sangue de Vigo e ALCER Pontevedra
Santiago
de Compostela,
12
de marzo
de 2025.-
A
celebración do Día Mundial do Ril este
xoves 13 de marzo, quere
lembrar unha vez máis a importancia da enfermidade renal como unha
patoloxía silente, pouco diagnosticada que non presenta síntomas
ata o seu avanzado estado, onde
o doente pode chegar a perder ata o 30% da súa función renal. O
obxectivo
desta
xornada
pretende
concienciar
á sociedade
da importancia de recoñecer os factores de risco e mellorar a
detección temperá
da enfermidade.
ADOS,
consciente
coa situación da enfermidade entre a poboación, participará na
conmemoración do Día Mundial do Ril no evento
organizado pola
Asociación
de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI),
a
Irmandade de Doantes de Sangue de Vigo e
ALCER Pontevedra.
O
acto que se celebrará no
centro comercial Vialia, impartirá
charlas acerca da importancia da alimentación e os hábitos de vida
saudables para previr enfermidades de orixe renal. Tamén contará
coa intervención de dous nefrólogos especialistas en coidado dos
nosos riles, mentres
que persoal de enfermería do Hospital Vithas tomará
a tensión arterial a todas as persoas presentes interesadas.
Datos
en Galicia
O
número de doentes
que
están en Tratamento Renal Substitutivo (TRS) en
Galicia
é
de 2000 en
diálise e
máis
de
2000
con transplante renal en
funcionamento.
En
canto á
doazón en vivo, a
día de hoxe,
realizáronse
470 transplantes renais, atendendo
aos datos facilitados
pola
Coordinación Autonómica de transplantes.
Os
especialistas sinalan
diferentes
causas como
a
diabetes e
a
enfermidade
cardiovascular, responsables do
50% dos
casos. Outros factores como a
obesidade, a
HTA o consumo de tabaco
tamén
poden provocar problemas
nos
nosos
riles.
Segundo
os expertos a enfermidade renal é
una pandemia silente. Calcúlase
que xa
afecta ao
15% da
poboación adulta en España. Ademais
a prevalencia de Tratamento Renal Substitutivo (diálise o
transplante) aumentou
máis
dun
30% na
última década no
noso
país, cun
alto
impacto socio-sanitario para os
doentes
afectados.