A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA HOXE AS INSTALACIÓNS DO CENTRO COMERCIAL ÁREA CENTRAL NO SANTIAGUÉS POLÍGONO DAS FONTIÑAS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe, luns 20 de xaneiro. unha campaña de doazón nas instalacións do Centro Comercial Área Central-Fontiñas (Santiago)m co obxectivo de incentivar a participación dos seus usuarios e usuarias, así como de toda a veciñanza desdte barrio compostelán. Deste xeito, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante da cabina de información na escaleira de acceso ao hipermercado Alcampo das 09:30 ás 14:30 e das 15.30 ás 21:00 horas.

Salientar que Área Central é un punto de referencia constante nas campañas de doazón de sangue desenolvidas pola Axencia xa que, desde o ano 1993, ten visitardo varias veces ao ano as instalacións comerciais, obtendo, no trancuyrso destas visitas un tortal de 14.743 doazóns de sangue. ADOS quere agradecer á xerencia do Centro Comercial Área Central a súa colaboración e compromiso coa doazón de sangue, xa que coa sua participación nas campañas de doazón non só contribúe a consecución dun elevado número de doazóns de sangue, senón que permite a creación dunha conciencia social favorable á doazón de sangue.

Comparte vida, únete a nós.