A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA MAÑÁ AS INSTALACIÓNS DO CENTRO COMERCIAL MARINEDA CITY NA CORUÑA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá mañá, sábado 30 de novembro, unha campaña de doazón no Centro Comercial Marineda City (A Coruña), co obxectivo de facilitar a participación dos usuarios e usuarias e dos traballadores e traballadoras. Deste xeito, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada na Praza ao carón da parada de taxis das 10:00 ás 15:00 horas.

A ADOS ten visitado o en 11 ocasións desde o ano 2011, acadando un total de 206 doazóns no transcurso das campañas de doazón de sangue.

Neste sentido, desde a Axencia agradece á xerencia do Centro Comercial Marineda City a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todas as persoas que doan sangue.

Comparte vida, únete a nós.