A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA HOXE AS INSTALACIÓNS DE BORGWARNER EMISSIONS SYSTEMS (VIGO)

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá hoxe, xoves 21 de novembro, unha campaña de doazón en Borgwarner Emissions Systems (Vigo), co obxectivo de facilitar a participación dos traballadores e traballadoras. Deste xeito, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada dentro do recinto da empresa das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

A ADOS ten visitado Borgwarner Emissions Systems en Vigo nun total de nove ocasións desde o ano 2015, acadando, no transcurso das anteditas visitas un total de 405 doazóns de sangu.

Neste sentido, desde a Axencia agradecer á xerencia de Borgwarner Emissions Systems-Vigo a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.

Comparte vida, únete a nós.