A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PROMOVE UNHA MESA INFORMATIVA SOBRE DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA NO IES FREI MARTIN SARMIENTO

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue instalará mañá, mércores 20 de novembro, unha mesa informativa sobre doazón de medula ósea no Instituto de Ensino Secundario Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.

Especialistas en doazón de medula ósea da ADOS distribuirán información sobre este xeito de doazón e resolverán dúbidas entre o estudantado para favorecer a súa activa participación no programa de doazón de medula ósea.

Comparte vida, únete a nós.