A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE VISITA ESTA SEMANA AS INSTALACIÓNS DA EMPRESA VIGUESA GKN DRIVELINE


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolverá mañá, xoves 14 de novembro, unha campaña de doazón nas instalacións da empresa GKN Driveline de Vigo, co obxectivo de facilitar a participación dos seus traballadores e traballadoras. Deste xeito, unha unidade móbil da ADOS estará estacionada diante dos servizos médicos da empresa das 09:30 ás 14:30 horas, das 15:30 ás 21:00 horas e, ademais, tamén será posible doar no quenda da noite das 22:00 ás 03.00 horas.

GKN Driveline é unha das empresas que conta cunha das máis longas traxectorias de colaboración coas campañas de doazón da ADOS. Desde xullo de 1995, ten acollido un total de 73 campañas especiais de doazón de sangue, no transcurso das que obtivo 6.950 doazóns de sangue, converténdose nunha das empresas galegas con maior volume de doazóns.

Neste sentido, desde a Axencia agradecer á dirección de empresa a súa constante colaboración e compromiso co labor de recollida de doazóns de sangue, recoñecemento que quere facer extensivo a todos os traballadores e traballadoras que doan sangue.

Comparte vida, únete a nós.