A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PARTICIPA NA CONFERENCIA “A SOLIDARIDADE ESTÁ DENTRO DE NÓS: DOAZÓN DE ÓRGANOS, MEDULA ÓSEA E SANGUE” NA REAL ACADEMIA DE MEDICINA DE GALICIA

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) participará o vindeiro 31 de outubro nun programa de conferencias sobre a doazón de órganos, medula ósea e sangue promovido pola Universidade da Coruña, dentro da decima edición do Outubro UDC Saudable. As charlas, que se desenvolverán baixo o lema “A solidaridade está dentro de nós: doazón de órganos, medula ósea e sangue”, terán lugar ás 19:00 horas do vindeiro xoves 31 de outubro no salón de actos da Real Academia de Medicina de Galicia (RAMG), na coruñesa rúa Duran Loriga.
O programa de charlas comprende tres conferencias que abordarán distintos aspectos relativos á doazón e transplantes. A primeira das intervencións correrá a cargo do doutor Fernando Mosteiro Pereira, coordinador de transplantes do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Posteriormente, a técnico superior da ADOS, Lourdes López Lama, falará sobre o programa de doazón de medula ósea, do que a Axencia e centro de referencia para a tipaxe de este tipo de doantes en Galicia.
A terceira das intervencións correrá a cargo do responsable de Promoción da Doazón de sangue da ADOS, Julio Flores Pérez, que abordará a importancia da participación activa dos cidadáns nas campañas de doazón de sangue. Así mesmo, o Dr. Sergio Santos del Riego, académico da RAMG e director da UDC Saudable, será o encargado de presentar a sesión e dos ponentes.
ADOS quere amosar o seu agradecemento á organización da UDC Saudable e a Universidade da Coruña o desenvolvemento desta iniciativa, así como de todas aquelas campañas destinadas a promover o solidario xesto da doazón. Neste sentido, lembrar que a Axencia está a desenvolver neste primeiro trimestre do ano académico a primeira fase da campaña de doazón de sangue nas Universidades galega e quere facer extensivo este agradecemento a todos os membros da comunidade universitaria que están a colaborar activamente nas campañas de doazón de sangue.


Comparte vida, únete a nós.