A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE CHEGA ÁS EMPRESAS CORUÑESAS MAPFRE E APPLUS+

​Ao longo da xornada do venres 27 de novembro, a empresa Mapfre da Coruña recibirá a visita dunha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que estará das 09:30 ás 14:30 na entrada principal para recoller as doazóns dos traballadores e traballadoras. Mapfre comezou a acoller campañas de doazón de sangue no ano 2024 e leva acumuladas un total de 474 doazóns.

Por outra banca, a empresa APPLUS+ de Sada, que iniciou a recollida de doazóns de sangue en unidades móbiles da ADOS no ano 1995 e acumula 1.108 doazóns desde entón, acolle hoxe unha nova visita dunha unidade móvil da Axencia. A unidade móbil estará estacionada na entrada da Nave D.A.F. das 10:00 ás 14:30 horas.

ADOS quere agradecer ás direccións de Mapfre e de APPLUS+ a súa constante colaboración e compromiso co desenvolvemento de campañas destinadas á favorecer a participación dos seus traballadores e traballadoras.

Comparte vida, únete a nós.