"UN ALENTO DE VIDA" CONVIDA A DOAR SANGUE AOS ESTUDANTES DA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN

​A campaña de doazón de sangue "Un alento de vida" chega hoxe, martes 10 de novembro, ata a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de trasladar aos membros da comunidade universitaria a importancia do solidario xesto da doazón de sangue. Todas as persoas que desexen participar poderán achegarse ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que estará estacionada diante da Facultade de Ciencias da Comunicación das 09:30 ás 14:30 horas.

Comparte vida, únete a nós.