Na
Unidade de Procesamento Analítico lévanse a cabo as seguintes
tarefas asistenciais:
SEROLOXÍA
DE ENFERMIDADES TRANSMISIBLES
Realízase
o estudo serolóxico das seguintes probas obrigatorias HBsAg, HIV-Ac
HIV-Ag, HCV-Ac; completado co cribado
de anticorpos fronte a Treponema Pálidum (test serológico de
Sífilis). A aqueles doantes que a través da entrevista
predonación o médico considera que presentan risco de enfermidades
como Malaria ou Chagas (pola súa procedencia, viaxes...), completarase o estudo con probas de enzimoinmunoanálisis
para Malaria e de quimioluminiscencia para Chagas. Se existise risco
para virus linfotropos humanos (HTLV I/II), realizaríase un
test adicional de cribado de anticorpos sobre mostra illada (sen
doazón) ou sobre mostra piloto da doazón se esta se produciu.
TIPAXE
ABO / D
Realízase o
estudo de grupo ABO hemático e sérico; así como estudo Rh (D e
CDE) e débil a mostras Rh-D negativas.
ESCRUTINIO
DE ANTICORPOS IRREGULARES
É unha proba
obrigatoria só en dous supostos: que o doante (home ou muller)
recibise no pasado unha transfusión, ou que a doante tivese
embarazos.
HEMATOLOXÍA
Realízase
un hemograma mediante autoanalizadores hematológicos, deste xeito
facemos recontos das tres grandes series de elementos celulares do
sangue (leucocitos, plaquetas, glóbulos vermellos) e doutros
parámetros como a hemoglobina, o hematocrito ou os parámetros
corpusculares (VCM). Estes resultados seranlle comunicados ao doante
a través do correo de agradecemento.
OUTRAS
PROBAS
O
laboratorio completa a súa actividade con outras probas non
obrigatorias, como perfil bioquímico aos doantes de Aféreses
(Proteínas totais, Albúmina e Inmunoglobulinas), fenotipos
eritrocitarios doutros sistemas de grupo, estudos inmunohematolóxicos
a doantes e pacientes.