A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolve este luns 15 de xullo unha nova campaña nas inmediacións do centro comercial Área Central, no compostelán barrio de Fontiñas.
Durante a xornada do luns, as persoas que o desexen terán unha nova oportunidade de doar sangue na unidade móbil de ADOS que estará estacionada diante da cabina de información do centro comercial, na escaleira de acceso a ALCAMPO, de 9:30 ás 14:30 e de 15:30 ás 21:00 horas.
Dende ADOS, queremos amosar o noso agradecemento a todas as persoas que doan sangue.