A EMPRESA GT MOTIVE RECIBE ESTA SEMANA A VISITA DUNHA UNIDADE MÓBIL DE ADOS

 
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desenvolve este mércores 10 de xullo unha nova campaña nas instalacións de GT MOTIVE, empresa que conta cunha longa traxectoria de colaboración e compromiso coas iniciativas encamiñadas a promover o solidario xesto da doazón de sangue.

Dende o comezo das campañas de doazón de sangue en unidades móbiles nesta empresa, ADOS ten visitado as instalacións de GT MOTIVE en Pontedeume un total de 19 veces dende o ano 2001, logrando dende esa primeira visita, 365 doazóns de sangue procedentes da solidariedade dos seus profesionais.

Durante a mañá do mércores, as traballadoras e traballadores de GT MOTIVE terán unha nova ocasión de doar sangue na unidade móbil de ADOS que estará estacionada no parking da empresa e que atenderá a todos os doantes de 10:00 ás 14:00 horas.

Dende ADOS, queremos mostrar o noso recoñecemento á Dirección de GT MOTIVE pola súa colaboración, agradecemento que facemos extensivo a todos os profesionais que doan sangue.

Comparte vida, únete a nós.