A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE E O CENTRO COMERCIAL VIALIA ESTACIÓN DE VIGO OBSEQUIAN CUNHA ENTRADA PARA ASISTIR AO CINE ÁS PERSOAS QUE DOEN SANGUE O 19 E 20 DE ABRIL

 
 
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial Vialia Estación de Vigo promoven unha nova campaña de colaboración, na que todas as persoas que se acheguen a a doar sangue recibirán como agradecemento unha entrada para asistir a una sesión no Cine Yelmo.

Unha unidade móbil de ADOS estará estacionada na entrada da Praza Publica do centro comercial, en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 o venres 19, e de 10:00 a 15:00 o sábado 20, para facilitar a doazón de sangue de todas as persoas que desexen participar.

Neste sentido, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere amosar o seu sincero agradecemento á Xerencia do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo por esta nova colaboración, que pon en valor o xeneroso xesto da doazón, recoñecemento que fai extensivo a todos os doantes que, coa súa xenerosidade, contribúen ao desenvolvemento do gran labor asistencial dos hospitais galegos.


Comparte vida, únete a nós.