ADOS REALIZA UNHA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN COLABORACIÓN COA POLICÍA NACIONAL DE VIGO

A directora da Axencia de doazón de Órganos e Sangue visitou, no día de onte, a unidade móbil de ADOS que acude dúas veces ao ano ás inmediacións da Comisaría da Policía Nacional de Vigo, na rúa Pintor Lugrís, para agradecer a xenerosidade de todos os axentes que participan no altruísta xesto da doazón de sangue. Facendo extensivo este recoñecemento a todos os profesionais dos corpos de seguridade que exercen as súas funcións en Galicia.

Comparte vida, únete a nós.